Xa estamos preparados!

por magago

Xa temos 20 afoutos voluntarios dispostos a participar na intervención.

Aquí están as instrucións, que tamén se vos remitiron por correo electrónico.

Ponto de encontro: Campo de aparcamento do Mesón Santamariña (a carón da N_VI e do enlace da autovía a Lugo). Ver en Google Maps.
Días: Sábado 24, domingo 25 de setembro. Sábado 1 e domingo 2 de outubro.
Horario: Sábado 10-14 h., 15-18 h. Domingo: 10-14 h.
Equipamento que deben traer os voluntarios: Calzado resistente, luvas e un paletín.
Comida: A comida está subministrada polo concello de Coirós e farémola no sitio arqueolóxico (temos mesas, toldo, etc.) No caso que chova há sitio cuberto a baixo no campo de Santa Mariña de Lesa.

Neste vídeo podedes facervos unha idea do sitio arqueolóxico despois da roza feita polo concello:

Moi importante: para que a vosa experiencia como voluntarios sexa o máis satisfactoria posible, precisamos que contestedes ao seguinte formulario. Clicka nesta ligazón para contestalo:

https://docs.google.com/spreadsheet/viewform?hl=es&formkey=dFVmUzJTOUM5N3g3eTdTempjMnJFSHc6MQ#gid=0