Diario de Pena Furada (24/09/11)

por magago

Pois aquí está o primeiro vídeo do Diario da intervención arqueolóxica de Pena Furada (Coirós). Tratáse dunha detallada explicación do que estamos a facer nese pequeno outeiro. As expectativas non só se están a confirmar, senón que se superan. Con só a acción de decapado da cuberta vexetal, nun só día apareceron 60 anacos de cerámica romana, incluíndo fondos e bordes que comezan a situarnos cronoloxicamente o sitio arqueolóxico, canda unha gran complexidade estrutural da zona central do recinto, que é onde estamos a traballar, e na que se comezan a advertir estruturas vinculadas ao podio e máis cousas. Complexidade acentuada pola presenza de tella nalgunhas das áreas. Antón Malde resúmenos o día.