O enigma de Pena Furada

Unha iniciativa de voluntariado arqueolóxico

Categoría: Diario da intervención

Cambio de enderezo web

O Proxecto Arqueolóxico da Pena Furada vai madurando. Agora podes visitarnos no noso novo sitio web, onde figura unha ampla descrición do sitio arqueolóxico e dos resultados da primeira campaña de intervención.

Visítanos en penafurada.net

Diario de Pena Furada (01/10/11)

Diario de Pena Furada (25/09/11)

Diario de Pena Furada (24/09/11)

Pois aquí está o primeiro vídeo do Diario da intervención arqueolóxica de Pena Furada (Coirós). Tratáse dunha detallada explicación do que estamos a facer nese pequeno outeiro. As expectativas non só se están a confirmar, senón que se superan. Con só a acción de decapado da cuberta vexetal, nun só día apareceron 60 anacos de cerámica romana, incluíndo fondos e bordes que comezan a situarnos cronoloxicamente o sitio arqueolóxico, canda unha gran complexidade estrutural da zona central do recinto, que é onde estamos a traballar, e na que se comezan a advertir estruturas vinculadas ao podio e máis cousas. Complexidade acentuada pola presenza de tella nalgunhas das áreas. Antón Malde resúmenos o día.