O Proxecto Arqueolóxico da Pena Furada vai madurando. Agora podes visitarnos no noso novo sitio web, onde figura unha ampla descrición do sitio arqueolóxico e dos resultados da primeira campaña de intervención.
Pois aquí está o primeiro vídeo do Diario da intervención arqueolóxica de Pena Furada (Coirós). Tratáse dunha detallada explicación do que estamos a facer nese pequeno outeiro. As expectativas non só se están a confirmar, senón que se superan. Con só a acción de decapado da cuberta vexetal, nun só día apareceron 60 anacos de cerámica romana, incluíndo fondos e bordes que comezan a situarnos cronoloxicamente o sitio arqueolóxico, canda unha gran complexidade estrutural da zona central do recinto, que é onde estamos a traballar, e na que se comezan a advertir estruturas vinculadas ao podio e máis cousas. Complexidade acentuada pola presenza de tella nalgunhas das áreas. Antón Malde resúmenos o día.
Xa temos 20 afoutos voluntarios dispostos a participar na intervención.
Aquí están as instrucións, que tamén se vos remitiron por correo electrónico.
Ponto de encontro: Campo de aparcamento do Mesón Santamariña (a carón da N_VI e do enlace da autovía a Lugo). Ver en Google Maps. Días: Sábado 24, domingo 25 de setembro. Sábado 1 e domingo 2 de outubro. Horario: Sábado 10-14 h., 15-18 h. Domingo: 10-14 h. Equipamento que deben traer os voluntarios: Calzado resistente, luvas e un paletín. Comida: A comida está subministrada polo concello de Coirós e farémola no sitio arqueolóxico (temos mesas, toldo, etc.) No caso que chova há sitio cuberto a baixo no campo de Santa Mariña de Lesa.
Neste vídeo podedes facervos unha idea do sitio arqueolóxico despois da roza feita polo concello:
Moi importante: para que a vosa experiencia como voluntarios sexa o máis satisfactoria posible, precisamos que contestedes ao seguinte formulario. Clicka nesta ligazón para contestalo:
Antón Malde, arqueólogo director da intervención no sitio arqueolóxico de Pena Furada (Coirós), explica as principais características visibles do sitio arqueolóxico de Pena Furada e convida a aquelas persoas interesadas a participar na intervención, apoiada polo Concello de Coirós e coa autorización da Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
O obxectivo xa o vedes claro: tentar comprender a funcionalidade deste interesantísimo sitio arqueolóxico do concello de Coirós. ¿Santuario castrexo ou galaicorromano? ¿Fortificación medieval? ¿Refuxio de pastores? A intervención será moi sinxela: consistirá en limpar a selvática superficie do sitio arqueolóxico, as rochas e gravuras existentes para tentar comprender e documentar a estrutura e funcionalidades deste enigmático lugar. O concello encargarase das partes duras do proceso e os voluntarios da limpeza fina das rochas e espazos e nas tarefas de documentación.
A intervención realizarase nos dous últimos fins de semana de setembro de 2011. Para apuntarse, cómpre solicitalo ao correo electrónico napenafurada@gmail.com, indicando nome, apelidos e número de teléfono de contacto. Na primeira semana de setembro confirmaremos datas da intervención e outras comunicacións relacionadas coa iniciativa.