Procuramos voluntarios/as

por magago

Antón Malde, arqueólogo director da intervención no sitio arqueolóxico de Pena Furada (Coirós), explica as principais características visibles do sitio arqueolóxico de Pena Furada e convida a aquelas persoas interesadas a participar na intervención, apoiada polo Concello de Coirós e coa autorización da Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

O obxectivo xa o vedes claro: tentar comprender a funcionalidade deste interesantísimo sitio arqueolóxico do concello de Coirós. ¿Santuario castrexo ou galaicorromano? ¿Fortificación medieval? ¿Refuxio de pastores? A intervención será moi sinxela: consistirá en limpar a selvática superficie do sitio arqueolóxico, as rochas e gravuras existentes para tentar comprender e documentar a estrutura e funcionalidades deste enigmático lugar. O concello encargarase das partes duras do proceso e os voluntarios da limpeza fina das rochas e espazos e nas tarefas de documentación.

A intervención realizarase nos dous últimos fins de semana de setembro de 2011. Para apuntarse, cómpre solicitalo ao correo electrónico napenafurada@gmail.com, indicando nome, apelidos e número de teléfono de contacto. Na primeira semana de setembro confirmaremos datas da intervención e outras comunicacións relacionadas coa iniciativa.